Proxecto Fenda 315, UDC
por niki en Oct.25, 2009, archivado en General
É sabido por todos na UCD o problema do aloxamento estudantil. Hoxe en día en Corunha unicamente existen residencias e colexios maiores de tipo privado ou concertado. Despois de tanto tempo e tamén un pouco presionados polo feito de introducirnos no “famoso” EEES e porque a UDC cada vez ten máis e máis estudantes a xerencia da universidade viu que se facía máis que necesario dotala de aloxamento estudantil.
Pensando nisto firmouse na reitoría o Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e a UDC para a adquisición de terreos no Campus de Elvinha con destino a usos residenciais universitarios. Segundo isto a Consellería comprometese a adquirir 45 mil m2 de solo, a urbanizalo e desenvolver conxuntamente coa UDC o concurso para o proxecto de edificación.
En setembro de 2006 convocouse dito concurso, no que participaron 40 equipas de diferentes países europeos. En decembro de 2006 resolveuse resultando premiado o proxecto FENDA 315 do que é autor o estudo AQ4 Arquitectura SCP, de Barcelona.
O proxecto situase entre o Campus de Elvinha e o Campus da Zapateira tendo moi en conta por unha banda a topografía do lugar, de xeito que a actuación se define como unha fenda horizontal na aba do monte e que a cuberta continúe a definir unha paisaxe como a que a día de hoxe existe, é dicir, as cubertas son axardinadas, e por outra as dúas escalas que conviven no lugar, a escala dos grandes edificios en extension horizontal (a maioría) da UDC e a menor escala do núcleo rural de Castro de Elvinha.

situacion fenda 315
O proxectos constitúese por unha edificación que en ningún caso supera a altura de baixo mais un en cada un dos seus componhentes e que se dispón seguindo o trazado das curvas de nivel do terreo, un trazado sinuoso que define dous espazos publicos moi diferenciados, unha gran praza aberta desde a que se divisa a cidade e outra máis introvertida que se ve cerrada pola propia edificación do conxunto, se ben dispon de grandes areas verde.
As circulacións de peonís decarácter transversal permiten entrelazar os ámbitos do conxunto. Por outra banda a circulación rodada, que relaciona o conxunto co núcleo rural e os campus, é periférica e a situación dos aparcadoiros tamén.

maqueta e praza interior
O conxunto consta de 4 tipoloxías, unha delas a adaptada a minusválidos que se situa a nivel de rasante.
Tipoloxía 1: acceso por corredor sobre rasante. A vivenda dispón de dúas fachadas opostas con vistas e ventilación transversal. Trátase de ámbitos privados para un ou dous individuos que constan de dormitorio-estar, banho e vestiario, alinhados o longo do corredor de acceso. Unha galería común que se desliza sobre a horientación oposta, tecolle un número variable destas unidades convertendose en zona común compartida (cocinha, sala, comedor).
Tipoloxía 2: acceso por corredor baixo rasante. a vivenda relaciónase co exterior a través dunha soa fachada. O comedor dispón de aberturas cenitais que aseguran a ventilación e iluminación transversal. Catro ámbitos privados, para un ou dous individuos, que tamén constan de dormitorio-estar, banho e vestiario, resólvense en dous niveis con accesos independentes e converxen nun espazo central de uso común a dobre altura (cocinha, sala, comedor + escaleira).
Tipoloxía 3: acceso por corredor baixo rasante.Vivenda de 40 m2 paea un ou dosu individuos, con cocinha-estar, habitación e banho. Relaciónase co exterior a traves dunha soa fachada e as aberturas cenitais, como no caso anterior, aseguran a ventilación e iluminación transversal.
Tipoloxía 4: acceso por corredor central. Ten as mesmas características que o anterior pero adaptada a minusválidos.
Este edificio caracterízase tamén por disporse no lugar tratando de minimizar o impacto ambiental e visual asi como polo aproveitamento máximo de enerxía. Por estar semisoterrado, de xeito que é factible utilizar a xeotermia e a cuberta axardinada como illante térmico e acústico. Uso de detectores para o aforro eléctrico, ventilación cruzada, rede de sumidoiros separativa para tratar por separado as augas sucias e as pluviais (as cales se reutilizan), instalación de economizadores en villas, sanitarios etc, disposición de placas fotovoltaicas para quentala auga…
O edificio constrúese de xeito moi doado e rápido. consta dunha estructura principal en hormigón, como un revestimento q separa o conxunto do terreo, despois instálase unha estructura de aceiro e unida a esta vanse encaixando os módulos das vivendas(como caixóns) feitos en madeira.
As madeiras utilizadas son madeiras autóctonas galegas. A madeira de pino (pinus pinaster) para as divisións, forxados e estructura interiores, o cal conleva a ideación dun novo sistema constructivo en madeira, posto que esta variedade de pino traballa bastante mal a torsión, e daquela cun sistema constructivo habitual para a madeira todo poderia virse abaixo. A outra é a madeira de eucalipto (eucaliptus globulos) utilizada para facer os cerramentos de fachada vista.
O proxecto divídese en duas partes, esta primeira explicada e unha segunda na que se realizarán as vivendas unifamiliares destinadas a profesores ou visitantes.
Agora só nos queda agardar que a fase de execución comece de seguido.
(Desculpademe por non subir planos das plantas e seccións, foime imposible conseguir máis dos que me facilitaron en papel)

maqueta parcial

Octubre 26th, 2009 a las 14:27
Ahora si que conozco bien el proyecto residencial del Campus de A Coruña. Que pena no poder disfrutar de esas casas. Un artículo muy trabajado…